martes, 20 de noviembre de 2012

Dende Muras con amor

MURAS
Municipio da provincia de Lugo, Muras descende dende os cumios máis elevados da Serra do Xistral, donde nacen os ríos Ouro, Eume e Landro, hasta o límite có municipio coruñés de As Pontes de García Rodríguez.

Parroquias: Ambosores (Santa María) , Balsa, A (Santa María) , Burgo, O (Santa María) , Irixoa (San Xillao) , Muras (San Pedro) , Silán (Santo Estevo) , Sisto, O (Santa María) , Viveiró, O (Santa María)


A imaxe do meu recuncho de Muras, situado en A Cabana.
Na paisaxe reside o principal atractivo do belísimo municipio de Muras no que cabe destacar a existencia de dous espacios naturais protexidos: a Serra do Xistral, no extremo oriental, e as ribieras do río Sor no sector occidental. A rede fluvial encóntrase representada polo Eume, o Landro e o Sor. Un bonito paraxe fluvial é o que forma o río Eume a seu paso pola capital municipal, situada ó outro lado da estrada C-640 e en torno á cal se condicionou un área de descanso e unha praia.
Son varios os vestixios arqueolóxicos que se encontran nestas terras destacando entre todos eles o Castro da Picheira, o Castro de Paredes e Carrusco en Sixto; Castro Sol; Fincas da Medoña en Torre; Campo da Forca en Silán; Castrillón, Lusana e Campo da Feira de Viveiró e a Fraga do Castro en O Burgo. O patrimonio relixioso é tamén moi amplio con varias igrexas como a de San Pedro, construida en 1678 que conserva no seu interior unha interesante cruz de prata de principios do século XVII. A torre do campanario, situada a 100 metros da igrexa é de 1846. Interesante resulta tamén a igrexa de O Burgo, con retablos barrocos neoclásicos. A de Santa María da Balsa dos séculos XII e XIII, conserva elementos góticos e renacentistas. A de Santa María de Viveiró é de dúas naves comunicadas por arcos, presbiterio de arco triunfal e sacristía á cabeceira. O máis interesante é o  pórtico, pechado cun muro que soporta a espadaña e as escaleiras de acceso. No seu interior, tres retablos. Alberga unha talla de Santa María, de tradición románica. Quizáis a que máis chama a atención é a iglesia de Silán, belo exemplar dunha sola nave rectangular con pórticos na fachada e na porta septentrional, presbiterio e sacristía con campanil no aleiro e campanario con espadaña do ano 1859. No interior, o retablo principal é de estilo neoclásico con elementos estilo rococó. Igualmente destaca unha cruz parroquial de prata con alma de madeira, realizada por Diego López de Lobera, do taller mindoniense, no ano 1697. Para finalizar o recorrido pola arquitectura relixiosa do municipio pódese visitar a capela de San Tirso de pranta rectangular construida a finais do século XVIII. A arquitectura civil ten as súas máximas representacións na Torre de Silán do século XV e na fortaleza de Muras do século XII. No aspecto cultural destacaron as xentes de Muras a principios do século XX, concretamente en 1914, cando se publicou o periódico "El Eco Murense" e máis tarde, en 1925, otra publicación veu a luz, referímonos ó "El Progreso Murés".

 Fonte de información:
http://www.galiciaparaelmundo.com/blog/?page_id=34&recurso_id=27033

1 comentario: